Os traballadores do transporte por estrada desconvocan a folga prevista para este luns
Chegouse a un acordo da subida do salario nun 12,2%
Preto das 00:00 da noite do pasado sábado ao domingo as asembleas de traballadores do sector do transporte por estrada decidían desconvocar a huega prevista para toda Galicia, que daría comezo 24 horas despois, á medianoite do luns.
Horas antes, patronal e sindicatos chegaran a un acordo para unha subida de salarios nun 12% este ano, aínda que quedaba a aceptación do preacordo por parte das asembleas de traballadores a partir das 21:00. O acordo foi aprobado, a pesar de que non de maneira unánime. Foi rexeitado polas asembleas de Pontevedra e Ourense, mentres que as de Vigo, Santiago, A Coruña e Lugo si o aprobaron. No entanto, a última hora quedaba por coñecer a votación de Ferrol para poder saber se finalmente se desconvocaba ou non a folga.
O paro previsto afectaría o transporte interurbano, ao metropolitano, ao escolar e ás liñas urbanas de autobús de Santiago de Compostela e Lugo.
A proposta acordada entre sindicatos e patronal pretende recuperar o poder adquisitivo perdido este ano por parte dos traballadores e non habelo nun período de cinco anos como pretendían antes. A perda de poder adquisitivo que recoñeceu a patronal foi do 12,3% durante os meses de 2021 e 2022, unha porcentaxe que tería que sumar un 2% en Lugo.
Este acordo, por parte, acolle a subida dun 12,2% este ano, ademais do incremento do #IPC real do 2023 no 2024. Trátase, aínda así, dun primeiro paso para unha negociación que se manterá aberta, xa que aínda hai pendentes solucionar asuntos relativos á organización das xornadas, ademais doutro tipo de condicións laborais ou de seguridade.
Escribe o teu comentario