(VÍDEO) Así foi a explosión dunha secadora nunha lavandaría da Coruña
Publícanse na rede as imaxes da explosión da lavandaría de Mesoiro, na Coruña
Fai un par de semanas a secadora dunha lavandaría na Coruña explotaba, provocando unha completa desfeita na fachada do edificio. Situábase no barrio de Mesoiro da cidade herculina debido, segundo informaron as investigacións, a un recargador de chisqueiros esquecido entre a roupa que unha persoa estaba a secar alí mesmo.
Hoxe mesmo publicáronse na rede as imaxes do momento da explosión, captadas polas cámaras do local, nas que se pode ver como un home sae da lavandaría escasos segundos antes da impactante explosión.
Segundo informaron os Bombeiros da Coruña, que tiveron que sanear toda a fachada do edificio, non había máis persoas dentro da lavandaría, polo que non se tiveron que lamentar feridos.
Escribe o teu comentario