A primavera de 2023 empeza este luns 20 de marzo

Terá unha duración de 92 días e 18 horas, terminando o 21 de xuño, e contará cunha eclipse solar e outro lunar


|

Ejemplar de árbol del Amor (Cercis siliquastrum) en flor. A 17 de marzo de 2023, en Sevilla.
Exemplar de árbore do Amor (Cercis siliquastrum) en flor / Foto: @EP

En meteorología, levamos xa uns cantos días de primevera, pois esta comezou o 1 de marzo para o hemisferio norte da Terra. Con todo, o equinoccio de marzo trae as estacións de primavera e outono, respectivamente, para os dous hemisferios do noso planeta. Isto sucederá este luns, 20 de marzo, ás 20:24 (hora de Greenwich, unha hora máis para a España peninsular). Esta estación durará aproximadamente 92 días e 18 horas, terminando no solsticio de verán do hemisferio norte, o 21 de xuño.

O inicio da primavera no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao norte. O día en que isto sucede a duración do día e a noite practicamente coinciden. A esta circunstancia lla chama tamén equinoccio de primavera.

 

Ao longo do século XXI, o inicio da primavera pode dar, como máximo, en tres datas distintas do calendario: o 19, 20 e 21 de marzo. O seu inicio máis temperán será no ano 2096 e o máis tardío foi no 2003. As variacións entre un ano e outro son debidas ao modo en que encaixa a secuencia de anos segundo o calendario —uns bisiestos e outro non— coa duración de cada órbita da Terra ao redor do Sol.

 

O inicio da primavera é a época do ano en que a lonxitude do día alárgase máis rapidamente. Ás latitudes da Península Ibérica, o Sol salgue polas mañá máis dun minuto antes que o día anterior, e pola tarde ponse máis dun miniuto despois. A consecuencia diso, ao comezo da primavera, o tempo en que o Sol está por encima do horizonte aumenta case tres minutos cada día.
 

ECLIPSE DE SOL E DE LÚA

Durante a primavera de 2023 terán lugar dúas eclipses, un de Sol e outro de Lúa. A eclipse de Sol sucederá o 20 de abril e será de tipo mixto. Poderá verse desde o sueste asiático e Oceanía. O de Lúa terá lugar o 5 de maio, será de tipo penunmbral e poderá verse en África , Asia e Oceanía.

 

Outros fenómenos de interese astronómico que terán lugar esta primavera serán as choivas de meteoros das líridas, cuxo máximo se espera cara ao 23 de abril, e as eta acúaridas, con máximo até o 6 de maio. As lúas cheas da estación terán lugar o 6 de abril, o 5 de maio e o 4 de xuño.
 

CAMBIO DE HORA

Aínda que o Parlamento Europeo e a Comisión pronunciáronse a favor de eliminar os cambios de hora no futuro, aínda non existe unha decisión definitiva sobre este proceso. Iso por iso que durante 2023 seguirá en vigor o tradicional cambio de hora que ten lugar o último domingo de marzo. Ese día, o 26 de marzo, ás 2 da madrugada (hora de España peninsular), adiantaranse os reloxos unha hora para marcar as 3. No arquipélago canario, este cambio terá lugar ao mesmo momento, o que no reloxo tradúcese nun hora antes: á 1 da mañá pasarán a ser as 2.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE