Cartel de altura no OVERFEST, que contará con Jarfaiter, C Marí, MDA ou Xiyo & Fernandezz na súa estrea

O 29 de novembro celebrarase este festival que pon á música urbana como eixo e baixo o selo de Overdose Club.


|

WhatsApp Image 2025 11 19 at 19.45.27
 Jarfaiter, C Marí, MDA e Xiyo & Fernandezz

 

Bombos e caixas listos para romper a pista da sala Chanteclair en Pontecesures, que acollerá o esperado parto do Festival OVERFEST, un evento que pon á música urbana no foco da acción nunha edición que se estrea con 12 horas de actividade sen freo o próximo 29 de novembro e que contará cun cartel de pompa para esta estrea que promete ser a primeira de moitas edicións. 

 

ARRANQUE PROMETEDOR

Este evento, "100% autogestionado, sen patrocinadores nin institucións, creado por e para a cultura urbana" como se define, proxecta facer coa coroa do primeiro gran festival da temporad invernal no ámbito da música urbana. O piloto aos mandos da nave non é outro que o artista galego Kaixo, que dá o salto con esta volta de porca evolucionando o Overdose Club cara a un formato máis amplo pero coa esencia que caracterizou sempre ao colectivo Banana Bahía Music. 

 

Kaixo
Kaixo


Así, o proxecto é consolidar o evento como "un punto de encontro para unha xeración conectada pola arte, a música e a identidade urbana". Para cortar a cinta inaugural, o OVERFEST bota o resto cunha programación que arrincará ás 19 horas do 29 de novembro e que non botará a persiana ata que despunte a alba o domingo 30 de novembro.

 

@overfest_gal 🔥 HORARIOS OFICIAIS — OVERFEST 2025 29 DE NOVEMBRO · CHANTECLAIR (PONTECESURES) 12 HORAS NON-STOP DE MÚSICA URBANA A primeira tirada XA ESTÁ SOLD OUT. Estamos ao 50% do SOLD OUT total. ➡️ Só quedan entradas de segunda tirada a 35€. 💸 En despacho de billetes serán 45€ (si chega algunha). 🕒 HORARIO | ARTISTA 19:00 — Apertura de portas 19:30 — Overdose Records 20:30 — Euskoprincess 21:15 — Biberón 21:50 — A Diferenza 2006 22:30 — G A Sosita 23:15 — C Marí 00:45 — Jarfaiter 01:45 — Xiyo & Fernandezz 02:45 — MDA 03:45 — Pedro Ladroga & O Virtual 04:45 — Tussiwarriors 05:35 — West Dubai 06:15 — PECHE · Overdose DJs 🎟️ Entradas → Overfest.gal Venda oficial → Woutick.com Válido con BONO CULTURAL desde o 31 OCT. --- 🚍 TRANSPORTE OFICIAL CHANTECLAIR → OVERFEST Saídas desde Santiago: 🕕 18:00 🕖 19:00 🕗 20:00 Volta a Santiago: 🕠 05:30 🕡 06:30 🕢 07:30 🚆 RENFE – MEDIA DISTANCIA (Vigo ↔ A Coruña) Parada directa en Pontecesures. 🕗 Primeiro tren de volta: 08:00H Haberá lanzadeira desde a estación á sala. 🚌 MONBUS – Interurbanos Conexións desde múltiples puntos de Galicia cara a Pontecesures. 🔥 Vémonos no pogo. #pogo #galicia #overfest #doyouremember #perreo ♬ som orixinal - user35548547622

 

Entre os grandes nomes deste arranque atopamos a figuras da escena nacional como Jarfaiter, C Marí, MDA ou Xiyo & Fernandezz, que se darán cita en Pontecesures flanqueados polo Virtual & Pedro Ladroga, G A Sosita, Biberon ou West Dubai entre outros, dando ademais referencias de que a aposta da organización é tamén por artistas do país e pola diversidade no estilo, sen saírnos dos ritmos urbanos, como non podía ser doutra forma cando Kaixo está ao aparello. 

 

Cartel final  17 11 25

 

Así as cousas, a expectativa é reunir baixo un mesmo paraugas a "o presente e futuro da música urbana" nunha noite con máis dunha decena de artistas que farán voar o teito da Chanteclair para demostrar que a música urbana tamén pode ser "motor cultural" e dinamizador. Coas entradas xa á venda e con rutas de buses dispostos desde Santiago de Compostela e A Barbanza, espérase unha fantástica acollida para esta primeira experiencia, para a que xa empezaron a voar os tickets do despacho de billetes.  
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE