O Colexio de Ópticos-optometristas celebra un curso sobre probas diagnósticas para detectar anomalías da vista

Manuel Cebeiro, encargado de impartir o curso, afirma que "unha alta porcentaxe do fracaso escolar poderíase paliar si os nenos acudises a realizar un exame optométrico"


|

Manuel Cebeiro 1
O Colexio de Ópticos-Optometristas acolle esta semana un curso impartido por Manuel Cebeiro

O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia celebra este fin de semana un curso sobre 'Disfuncións binoculares e acomodativas'. Este impartirase na súa sede en Santiago, na rúa Salvador García-Bodaño, durante o sábado pola tarde, entre as 16:30 e as 20:30 e o domingo entre as 9:30 e as 13:30.

 

As xornadas estarán impartidas polo óptico-optometrista Manuel Cebeiro e contará coa participación de 40 profesionais. No curso incidirase nos procedementos para diagnosticar e tratar de maneira eficaz as disfuncións máis comúns no sistema binocular do ser humano. Este diagnóstico axudará ao desenvolvemento do potencial do sistema visual e ao cambio de tendencia ao baixo rendemento visual que pode ser unha das maiores causas do fracaso escolar.

 

Manuel Cebeiro asegura que "un alto porentaje do fracaso escolar poderíase abordar de maneira máis efectiva se os nenos acudisen a un establecemento sanitario de óptica ou gabinete de optometría para realizar un exame optométrico completo, usen ou non xa gafeñas, lentes de contacto ou calquera outro dispositivo" Actualmente, prosegue Cebeiro, "as revisións son moi necesarias por toda a tecnoloxía que nos aborda e que provoca que o sistema visual estea nun bucle de falta de desenvolvemento e teña anomalías que poidan provocar problemas de visión".

 

O experto destacou que as probas diagnósticas que se explicarán no curso van encamiñadas a buscar a raíz do problema e achegar unha solución ás pequenas disfuncións que, acumuladas durante toda a xornada lectiva no caso dos nenos e na laboral no caso dos adultos, condicionan "falsas miopías ou problemas na aprendizaxe escolar, dores de cabeza sen aparente xustificación, visión borrosa intermitente, halos ao redor das luces dos coches ou farois, problemas na condución nocturna ou con choiva, inseguridade en tarefas habituais ou mala motriciadad ou torpeza en coordinación de tarefas ollo-mano".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE