O BNG denuncia incumprimentos da Xunta ante o transporte público por estrada

Paulo Ríos, deputado do BNG en Galicia, denuncia as irregularidades das empresas beneficiarias e critica o Plan de Transporte Público de Galicia do Goberno galego


|

Monbusautobuses
Arquivo - Autobuses de Monbus

O deputado do BNG Paulo Ríos defendeu unha proposición non de lei, rexeitada polo Partido Popular, instando á Xunta de Galicia a velar polo cumprimento dos compromisos coas empresas deneficiarias con contratos de transporte público por estrada.

 

Na súa intervención denunciou "o trato a favor" e "encubrimento" da Xunta dos incumprimentos das concesionarias. Como denunciamos en varias ocasións, a Xunta de Galicia quedou soa na defensa do Plan de Transporte Público de Galicia, un plan que, lonxe de mellorar a calidade do servizo —afirma—, só responde á intención de seguir alimentando "ao grupo empresarial Monbus e ao seu monopolio, prexudicando ás persoas usuarias e destruíndo ao sector do transporte público.

 

Para o deputado nacionalista, a Xunta de Galicia non vela polo cumprimento dos contratos e de maneira "consciente" sobre os adxudicados a Monbus e OTE que controlan o servizo.

 

"Todas as empresas deben cumpir os acordos asinados coa entidade público, pero só si está a perseguirse, e dunha maneira moi eficaz ás empresas que operan fóra do monopolio do transporte público por estrada", recalcou Ríos.

 

O gran problema, segundo ha considera o deputado, é que Monbus e us #UTE teñen o control dun 80% dos contratos de transporte.

 

INCUMPRIMENTOS POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA

Segundo Paulo Ríos, ao falar de incumprimentos, refírense á "eliminación de paradas e itinerarios, incumprindo os quilómetros conveniados, modificación de paradas e horarios, atrasos reiterados e inxustificados, vehículos que superan amplamente a idade máxima acordada, incumprimento dos certificados ambientais acordados, vehículos en mal estado e carencia de sistemas de seguridade e seguimento dos vehículos".

 

O deputado do #BNG negou que a actual situación céntrese en irregularidades puntuais que se solucionan rapidamente, xa que "Mombus non dispón da flota de vehículos necesaria para levar a cabo os contratos que ten asinados coa Xunta de Galicia".

 

O deputado nacionalista explicou que o modus operandi da empresa é sempre o mesmo, que consiste, asegura, en "rotar os vehículos cando existen queixas e destinalos a outro lugar a pesar dos seus mal estados ou superar a idade permitida para realizar o servizo". A maiores, os incumprimentos tamén están relacionados coa duplicidade ou coa non coincidencia das matrículas dos vehículos en diferentes lotes.

 

Nesta liña, Ríos lembrou que a finais do pasado mes de agosto terminou a prórroga das empresas concesionarias para emendar as diferenzas entre o afectado e o existente en materia de idade dos vehículos ou certificación ambiental dos mesmos.

 

Pasada esta data, "vemos como estas ofertas continúan incumprir sen que a Xunta de Galicia, publicada a finais do ano 2022, que reflicte unha gran diferenza entre os documentos e a realidade porque solametne recolle os datos presentados nas ofertas gañadoras dos contratos públicos de transporte sen fixar nas ofertas que non se están cumprindo.

 

DENUNCIAS E QUEIXAS A MONBUS

O pasado decembro, Galiciapress recolleu nun artigo as denuncias e críticas á compañía que "monopoliza" o transporte de viaxeiros por estrada en Galicia.

 

Entre estas queixas, atopábanse atrasos, o mal estado no que se atopan os vehículos, autobuses que "nunca chegan", os erros nos horarios na páxina web, as malas respostas tanto da compañía como os condutores...

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE