"O soño é un adestramento invisible e silencioso": o descanso, clave para o rendemento segundo Quirónsalud

Expertos de Quirónsalud relacionan o éxito deportivo cun correcto proceso de descanso e recuperación, en ocasións imposible para os deportistas de elite. 

 


|

Expertos de Quirónsalud relacionan o éxito deportivo cun correcto proceso de descanso e recuperación, en ocasións imposible para os deportistas de elite. 

 

"Os adestramentos e as competicións producen un desgaste físico, o que produce un soño fragmentado pouco reparador", comentan. 

 

Dormir
Foto: EP

 

Para que Usain Bolt puidese voar para cubrir 100 metros en pouco máis de 9,5s foron necesarios moitos anos de adestramentos. O jamaicano, cunha condición física privilexiada, é un exemplo de esforzo e superación, pero tan importante era o tempo que pasaba na pista como o que destibana a desconectar dela. O descanso tamén era un alicerce no éxito do atleta caribeño. O doutor Eduard Estivill, experto no diagnóstico e tratamento das alteracións do soño e responsable da Unidade de Xestión do Descanso de Olympia Quirónsalud, pon o foco no soño como un elemento fundamental na vida dos deportistas. 

 

A recuperación física, metabólica, fisiolóxica, mental...todas dependen do descanso necesario e de calidade para que os deportistas recarguen pilas e eviten lesións. "Mellora a capacidade de aprendizaxe, diminúe a probabilidade de ter lesións deportivas, aumenta o estado de ánimo e a motivación, así como a recuperación muscular e enerxética", sinala Estivill. 

 

"O soño forma parte do adestramento invisible e silencioso", valora, á vez que incide en que descansar ben non sempre é unha opción para o deportistas, xa que os horarios e os adestramentos de alta intensidade privan moitas veces aos atletas do desncaso. 

 

"Os adestramentos e as competicións producen un desgaste físico, o que produce un soño fragmentado pouco reparador e, en horarios nocturnos de adestramento, producen unha disrupción do funcionamento do ritmo circadiano", detalla.

 

Francisco Segarra, codirector da Unidade de Xestión do Descanso de Olympia, destaca que non fai falta ser un deportista profesional para beneficarse dos grandes achegues dun descanso reparador, que é o que perseguen na súa unidade: "O noso obxectivo na xestión do soño é optimizar a eficiencia dos adestramentos, planificar o óptimo rendemento en competicións, así como paliar os efectos das viaxes".

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE