Un descanso reparador non sempre depende do número de horas. Hoxe día, as pantallas de móbiles e computadores róubannos moito descanso.
Non é aconsellable botarse sestas máis longas que media hora porque dificultan os períodos prolongados de descanso durante a noite que son claves para rexenerar o noso organismo.
Os expertos aconsellan apagar o móbil ou mantelo fóra da habitación durante a noite contradicindo o hábito instaurado entre os españois de manter o móbil aceso en modo silencio dentro do dormitorio.