Profesores interinos e substitutos protestan ante a Xunta polos "despedimentos masivos"

Centos de mestres sen praza van quedar sen emprego, polo menos por agora, ao fío da recente publicación do Concurso de adxudicación de destinos provisionais" de Educación. Así o denuncian o sindicato CUT, que hoxe organiza unha manifestación.


|

A central nacionalista CUT cuestiona aos outros sindicatos por di, esquecerse deste colectivo a pesar do precario das súas condicións.

 

Unha pasada protesta da CUT reclamando o fin da precariedade en Educaciu00f3n
Unha pasada protesta da CUT reclamando o fin da precariedade en Educaciu00f3n

 

 

A central sindical CUT fixo un chamamento para manifestarse este luns 1 de agosto, ás 11,30 horas, fronte á Consellería de Educación, en Santiago, ante "o despedimento masivo de interinos en ensino".

Nun comunicado, o sindicato denuncia o "despedimento de traballadores temporais para o próximo curso". Neste sentido, sinalan que esta situación "afectará a todas aquelas persoas que desenvolveron o seu traballo como interinos ou substitutos".
 

CRÍTICAS DE FONDO
A central sindical asegura que esta circunstancia é froito de "anos de recortes e unha política de privatización e de transferencia de recursos públicos cara ao ensino privado, ligados á falta dun verdadeiro proceso de estabilización".

Así mesmo, engade que xa presentaran no 2021 no Parlamento de Galicia unha Iniciativa Lexislativa Popular para a estabilización dos traballadores temporais da Xunta que "foi rexeita polos deputados do Hórreo".
 

"ABUSO DA TEMPORALIDADE"
A CUT insiste na "falta dun proceso de estabilización" do persoal temporal da administración de Galicia que "finalice co abuso da temporalidade"; unha situación de "fraude de lei" e pola cal "as institucións europeas han reclamado ao Goberno unha solución".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE