Detido en Lleida o considerado autor principal dos feitos na pelexa da Praza de Barcelos en Pontevedra
O suceso tivo lugar na tarde do martes, día 3 de xuño, e tres persoas resultaron feridas por arma branca. Nun primeiro momento, os axentes detiveron a catro persoas e, este martes, tivo lugar a detención doutro mozo implicado na pelexa.
A Policía Nacional detivo este sábado no posto fronteirizo de Seu D'urgell, en Lleida, ao sexto e último dos implicados na pelexa da praza de Barcelos, en Pontevedra.
Así o informou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, que detallou que o detido viaxaba nun vehículo compartido para "pasar inadvertidamente" a fronteira con Francia e evitar o control policial e a orde de busca e captura nacional e internacional emitida pola comisaría de Pontevedra.
A Policía Nacional considérao o "autor principal" da grave pelexa e con esta detención, en principio e a expensas do que decida a autoridade xudicial, queda resolta a investigación policial.
Losada felicitou á Policía Nacional e, concretamente, aos axentes da Comisaría de Pontevedra polo "excelente traballo" que conduciu á resolución do sucedido e a detención desta persoa, á que lle "imputan os feitos máis graves" que se produciron durante a liorta.
O suceso tivo lugar na tarde do martes, día 3 de xuño, e tres persoas resultaron feridas por arma branca. Nun primeiro momento, os axentes detiveron a catro persoas e, este martes, tivo lugar a detención doutro mozo implicado na pelexa.
Escribe o teu comentario