Falece un operario durante a festa do Tinto de Barrantes, en Ribadumia
Os feitos sucederon tras sentir indisposto o home que traballaba como cociñeiro
Un traballador faleceu este sábado na festa do Tinto de Barrantes, que se celebra no municipio pontevedrés de Ribadumia, tras sentir indisposto.
Segundo detallaron fontes consultadas por Europa Press, os feitos sucederon sobre as 15.00 horas e o home, de 51 anos, traballaba como cociñeiro dunha empresa encargada do catérin do acto do Xantar de Confraternidade.
Até o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida.
Escribe o teu comentario