Laura Arroxo, nova secretaria nacional da CIG-Ensino substituyendo a Suso Bermello

A nova responsable denunciou a "falta de interlocución real coa representación sindical", como co Anteproxecto de Lei de Ensinos Artísticos, "que foi aprobado sen pasar pola Mesa Sectorial"


|

IX Congreso de la CIG-Ensino
 

O IX Congreso da CIG-Ensino elixiu a Laura Arroxo como secretaria nacional con 160 votos a favor, 0 brancos e 0 nulos. Durante a xornada, celebrada baixo a lema 'A forza do compromiso', elixiu tamén á nova Executiva federal con 160 votos a favor, 0 brancos e 0 nulos.

En concreto, a nova Executiva queda conformada por Laura Arroxo; Xosé Manuel Nogueira Rodríguez; Marta Ferreirro Fernández; Ana Rodiño Domínguez; Diego Boquete Sánchez; Henrique García Vázquez; Elena Añel Cabanelas; Xosé Anxo Terán Coesaña; Maruxa Martínez Nogueira e Montse Pernas Bellas.

Tamén se escolleu ás persoas que representarán á federación no Consello Confederal da CIG, unha candidatura que foi apoiada por 160 votos a favor, 0 brancos e 0 nulos e que está composta por Laura Arroibo; Marta Ferreiro Fernández; Xosé Manuel Martínez Nogueira; Ana Rodiño Domínguez; Amanda Rei Castro.

Durante a súa intervención, Arroxo tivo palabras para o seu predecesor, Suso Bermello, ao que destacou por ser "un mestre apaixonado pola historia, traballador incansable pero,sobre todo, activista polo ensino público en galego".

"NIN UN SÓ AVANCE EN DOUS ANOS"
Neste contexto, aproveitou para denunciar que "co Ministerio de Educación non se conseguiu nin un só avance nos últimos dous anos". Ademais, denunciou a "falta de interlocución real coa representación sindical", como co Anteproxecto de Lei de Ensinos Artísticos, "que foi aprobado sen pasar pola Mesa Sectorial".

Tamén lamentou que se confirme que a reforma da #FP "terá consecuencias moi lesivas para estes ensinos ao incidir aínda máis nas tres secuelas que xa veñen padecendo nos últimos anos: privatización, burocratización e dualización".

Con todo, denunciou tamén o carácter "aínda máis reaccionario" de Rueda que o de Feijóo, así como a súa "maquinaria propagandística" que, segundo aseverou "emula as vellas estratexias do fraguismo ou do franquismo".

Nesta liña, Arroxo foi especialmente crítica co "Acordo de renuncias" asinado o 11 de outubro de 2023 entre Alfonso Rueda e os sindicatos CCOO, UXT e ANPE, ao que cualificou de "foto da infamia por hipotecar as condicións laborais do profesorado e o futuro do ensino público galega".

Do mesmo xeito, criticou que a Xunta "negue recursos" para atender alumnado con dificultades, reducir a itinerancia de especialistas, baixar os cocientes de até 200 estudantes por docente en secundaria ou garantir a calidade na FP e nos ensinos de réxime especial, "afectadas pola semipresencialidade e a burocracia".

No ámbito universitario, alertou sobre a "mercantilización" do ensino coa creación dunha segunda universidade privada ligada a "lobbies coruñeses", así como a "competencia desleal" da universidade de Abanca, "favorecida pola Xunta". Ademais, denunciou a "política lingüicida" do PP que, co Decreto de Plurilingüismo de 2010, "busca anular a identidade nacional galega".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE