Unha persoa falecida nun accidente entre dous coches e un autobús en Ribadumia
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse na tarde deste domingo no quilómetro dous da estrada VG-4.2 e a persoa falecida ía de copiloto nun dos turismos accidentados
Unha persoa perdeu a vida e tras unha colisión entre dous coches e un autobús no municipio pontevedrés de Ribadumia. Ademais, varias persoas resultaron feridas.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse na tarde deste domingo no quilómetro dous da estrada VG-4.2 e a persoa falecida ía de copiloto nun dos turismos accidentados.
No autobús non houbo persoas feridas, pero si no outro coche. Até o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribadumia e a Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario