Trasladan a unha muller de Lalín con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono

Os feitos producíronse sobre as 11.00 horas deste domingo e a muller foi evacuada en ambulancia ao centro de saúde da localidade


|

Ambulancia
Ambulancia


 

Unha muller tivo que ser trasladada con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono nunha vivenda da rúa do Rodo, no municipio pontevedrés de Lalín.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos producíronse sobre as 11.00 horas deste domingo e a muller foi evacuada en ambulancia ao centro de saúde da localidade.

A concentración de mónoxido foi percibida polo sistema da propia ambulancia, polo que foi necesaria a participación dos equipos de emerxencia.

Até o lugar acudiron os Bombeiros do Deza, os membros do GES de Lalín e o servizo municipal de Protección Civil que realizaron diferentes medicións e que resultaron negativas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE