Falece electrocutado un traballador do servizo de emerxencias de Sanxenxo
O traballador faleceu no seu domicilio na tarde do sábado despois de recibir un golpe de corrente eléctrica
Un traballador, de 24 anos, do servizo de emerxencias de Sanxenxo perdeu a vida tras electrocutarse no seu domicilio da localidade pontevedresa.
O home, Julián Valdés Sobredo e natural de Vos Tilos, en Teo, faleceu na tarde do sábado cando limpaba cunha máquina de auga a presión na súa casa e recibiu un golpe de corrente eléctrica.
O Concello de Sanxenxo, a través das súas redes sociais, lamentou o falecemento e enviou as condolencias a familiares e amigos do mozo.
Escribe o teu comentario