Rescatan a unha persoa rodeada polas chamas mentres realizaba labores nun cortafuego en Ourense
Os feitos producíronse en Vilariño de Conso
O Grupo de Rescate en Montaña da Garda Civil rescatou a unha persoa que foi rodeado polas chamas cando realizaba un cortafuego na zona de Cenza, en Vilariño de Conso.
Segundo informaron fontes do Instituto Armado, solicitaron asistencia de medios aéreos que fixeron varias descargas e puideron salvar á persoa.
A onda de incendios sen control que azouta Galicia deixa xa máis de 51.220 hectáreas calcinadas, a maioría na provincia de Ourense que mantén activa a situación 2.
Na provincia ourensá atópase activos 12 incendios forestais e un estabilizado. En total, até o momento, calcinaron 50.570 hectáreas.
Escribe o teu comentario