Unha profesora atou a dúas nenas de tres anos por bicar na boca, denuncia unha familia de Bueu

A mestra atou ás menores a unha cadeira tras dar "besitos na boca", segundo o relato familiar do sucedido nunha clase na que parece haber problemas, pois varias familias decidiron non mandar aos pequenos ao colexio.


|

CEIP Montemogos en Google Street View
#CEIP Montemogos en Google Street View

Unha profesora do #CEIP Plurilingüe Montemogos na parroquia de Beluso da localidade pontevedresa de Bueu foi denunciada pola familia dunha nena de 3 anos á que supostamente atou, do mesmo xeito que a outra compañeira, por supostamente dar bicos na boca.

 

Segundo Faro de Vigo, existe tanto malestar coa docente entre varias das familias da clase de 4º de infantil que cinco familias deixarían de enviar aos seus tutelados a clase.

Segundo fontes coñecedoras da investigación consultadas por Europa Press, os proxenitores dunha das menores decidiron presentar nas últimas horas a denuncia ante a Garda Civil, a pesar de que o incidente se produciu hai meses, a principio de curso. Ao tratar de dúas nenas, a Benemérita trasladou a denuncia a Fiscalía de menores, que investiga o asunto.

As mesmas fontes indicaron que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia xa tomaría cartas no asunto, do que depende este centro público, sen que por agora se coñezan as medidas adoptadas. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE