Cae a figura do santo durante unha procesión en Caldas de Reis e deixa ferido a un raparigo de 12 anos

Un neno de 12 anos resultou ferido leve durante as festas de San Roque, en Caldas de Reis (Pontevedra), ao precipitarse a imaxe do santo sobre algúns participantes na procesión, entre os que se atopaba o menor.


|

O rapaz, de 12 anos, resultou ferido leve durante as festas de San Roque, no municipio pontevedrés.

 

A imaxe caeu sobre un grupo de asistentes á procesión, que foi suspendida tras o incidente. 

 

Procesiu00f3n
Foto de arquivo dunha procesión | Foto: Turismo.gal

 

Un neno de 12 anos resultou ferido leve durante as festas de San Roque, en Caldas de Reis (Pontevedra), ao precipitarse a imaxe do santo sobre algúns participantes na procesión, entre os que se atopaba o menor.

Efectivos de Protección Civil de Caldas, consultados por Europa Press, confirmaron que os feitos tiveron lugar ao redor das 20,30 horas deste martes cando a imaxe de San Roque estaba a saír da igrexa. Aínda que a figura caeu sobre un grupo de persoas, o menor empezou a chorar e a gritar levándose a man á cabeza.

 

INVESTIGACIÓN

O neno foi evacuado, no coche de Protección Civil e acompañado dos seus pais, ao PAC da zona, onde foi examinado se necesidade de ser trasladado ao hospital. "Foi un momento de nerviosismo. Por sorte non pasou nada grave e atópase ben", trasladaron as fontes consultadas por Europa Press.

Actualmente, a Policía Local ivestiga o porqué dese desprendemento e efectivos de Protección Civil --tras a revisión da imaxe-- informaron a Europa Press, que a base sobre a que se sustenta está "bastante carcomida" e que ese puido ser o motivo que causou o incidente.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE