O PSdeG esixe á Xunta un plan urxente ante a saturación do HULA
Lara Méndez reclama un reforzo inmediato dos servizos de urxencias do hospital lucense e denuncia a falta de persoal e recursos que afecta directamente á atención aos pacientes
A deputada do PSdeG Lara Méndez presentou no Parlamento galego unha iniciativa para que a Xunta aprobe un plan integral de reforzo das urxencias hospitalarias, ante a situación “#insosteible” do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). A socialista advirte que a saturación do servizo non é puntual senón estrutural, froito da falta de persoal e planificación.
O PSdeG apoia as reivindicacións do persoal de enfermaría, TCAE e celadores, que denuncian sobrecarga asistencial, falta de recursos materiais e deficiencias en seguridade. Segundo Méndez, a reorganización do servizo levou a cabo sen diálogo cos profesionais, reforzando só ao persoal médico e deixando sen apoio a outras áreas esenciais.
A iniciativa reclama máis financiamento, contratación estable e condicións laborais dignas, así como a revisión dos cocientes de persoal non médico e a mellora da seguridade nas urxencias do HULA.
Escribe o teu comentario