Besteiro lamenta o falecemento de Fernández Vara a quen definiu como persoa "honesta e humana"
"O seu exemplo e a súa bondade quedarán sempre connosco", recolleu na súa mensaxe o líder dos socialistas galego, publicado no perfil oficial da rede social 'X'.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou a morte do expresidente da Xunta de Estremadura Guillermo Fernández Vara, ao que definiu como unha persoa "honesta, comprometida e profundamente humana", que fixo da política unha "verdadeira vocación de servizo aos demais".
"O seu exemplo e a súa bondade quedarán sempre connosco", recolleu na súa mensaxe o líder dos socialistas galego, publicado no perfil oficial da rede social 'X'.
Besteiro expresou todo o seu agarimo á familia de Fernández Vara e a todos os compañeiros de Estremadura.
Escribe o teu comentario