Trump utiliza a ONU para aliar con Netanyahu, negar o cambio climático e ameazar con máis aranceis
O presidente dos Estados Unidos empregou a súa intervención na Organización das Nacións Unidas (#ONU) para embarrar aínda máis o panorama internacional, con frontes abertas que van desde a Guerra en Ucraína até o recoñecemento de Palestina como Estado, e cobrar contas pendentes, como o feito de que no seu día lle negasen un contrato para renovar a sede da ONU.
Á fervenza de gobernos que recoñeceron nos últimos días ao Estado de Palestina, entre eles Canadá, Reino Unido ou Francia, Trump díxolles que a decisión é "un premio aos terroristas de Hamás".
"No canto de ceder ás peticións de rescate de Hamás, quen queren a paz deberían unir baixo unha única mensaxe: liberade aos reféns agora", indicou Trump, que tamén dixo do cambio climático que era "a maior estafa da historia".
Escribe o teu comentario