O BNG reclama á Xunta que non permita a implantación dunha nova universidade privada

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia Daniel Castro, fixo fincapé en que as propias universidades de Santiago, a través do seu claustro, e a da Coruña, por boca do seu reitor, xa se manifestaron en contra da creación do campus de Cesuga


|

El diputado del BNG en el Parlamento de Galicia Daniel Castro
 

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia Daniel Castro presentou unha batería de iniciativas para reclamar ao Goberno da Xunta que "nin acepte nin permita" a implantación en Galicia da denominada Universidade Emilia Pardo Bazán, "promovida polo grupo empresarial Cesuga co obxectivo de que empezo a funcionar no curso 2026-27 cun campus propio na Coruña".

Neste sentido, denunciou estar "ante unha ofensiva privatizadora na universidade" e advertiu de que "o único que achega a privatización da universidade son maiores diferenzas e máis desigualdade entre o alumnado galego".

Así mesmo, o BNG lembrou nunha nota de prensa que o Goberno galego "aínda non se pronunciou sobre o Cesuga, a pesar de que pasou máis dun ano desde que este proxecto recibiu o voto en contra da Conferencia Xeral de Política Universitaria".

A continuación, o deputado nacionalista ha feito fincapé en que as propias universidades de Santiago, a través do seu claustro, e a da Coruña, por boca do seu reitor, xa se manifestaron en contra da creación do campus de Cesuga.

Con todo, Castro subliñou que, "por si non fose suficiente con este novo proxecto empresarial, a UIE, de Abanca, acaba de anunciar a súa intención de ampliar a súa oferta con novos programas de doutoramento e a implantación do grao de Enfermaría e outros do ámbito das ciencias da saúde, que se sumarían ao de Psicoloxía, que prevén impartir o próximo curso, e Dereito".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE