O BNG reclama "garantir" a continuidade de Alcoa e pide ao Goberno "actuacións urxentes"

Desta forma, preguntará o Executivo central na Comisión de Industria que accións iniciará para asegurar o mantemento da actividade e o emprego
 


|

El diputado del BNG, Néstor Rego, en el Congreso de los Diputados.
 

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade industrial e de mantemento dos postos de traballo na prata de Alcoa, en San Cibrao (Lugo).

Así o explicou, nun comunicado, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, tras as últimas comunicacións da empresa ao persoal.

Desta forma, preguntará o Executivo central na Comisión de Industria que accións iniciará para asegurar o mantemento da actividade e o emprego.

Rego criticou que Alcoa "continúe acumulando pretextos para non cumprir cos compromisos adquiridos", e que o Goberno central "manteña unha actitude permisiva e opaca".

"É inaceptable que o Ministerio de Industria actúe como cómplice dunha estratexia que parece encamiña a pechar a planta, igual que xa sucedeu na Coruña e Avilés", asegurou Rego.

A continuación, remarcou que hai un Memorando de Entendemento "asinando entre empresa, Ministerio e Xunta que non é público e que o comité de empresa descoñece, pero se percibe que non garante nin os investimentos previstos nin o futuro da fábrica".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE