Tres anos de Guerra en Ucraína: cal é o prezo da paz?

O terceiro aniversario da invasión rusa a Ucraína enmárcase dentro da “sintonía” entre o presidente estadounidense Donald Trump e o seu homólogo ruso, Vladimir Putin. Os ucranios son escépticos ante o fin do conflito e EEUU e Rusia queren sacar proveito do mesmo. Mentres, Europa enfróntase a divisións internas motivadas por cambios nos gobernos de varios países coa chegada da ultradereita


|

Guerra ucrania
Guerra ucrania

 

Os tres anos transcorridos desde a invasión rusa de Ucraína, o conflito continúa causando un sufrimento humano incalculable e devastando a economía e infraestrutura do país. A guerra, que comezou o 24 de febreiro de 2022, converteuse no maior conflito militar convencional en Europa desde a Segunda Guerra Mundial. Até o momento, os grandes conflitos en solo europeo despois da última confrontación mundial foran Chechenia, precisamente no Cáucaso ruso e as guerras iugoslavas. O feito de que a Federación Rusa asumise o papel de “herdeira” da Unión Soviética, supuxo tamén a asunción de que a OTAN nunca chegaría ás súas fronteiras. Apenas chegado ao poder, Vladimir Putin, vía como as repúblicas bálticas, recentemente independizadas e temerosas dos seus veciños rusos, entraban na Alianza Atlántica rompendo así o non achegamento ás fronteiras rusas. O último que quería Putin era que Bielorrusia e Ucraína tamén formasen parte da Alianza Atlántica. Así, en 2014 ante a inestabilidade política ucraína tras o Euromaidán, e o temor a futuros acordos con Europa, Rusia invade Crimena. Iníciase un período de oito anos de tensión entre os dous países ata que, chegado Zelensky á presidencia ucrania e sendo Putin coñecedor das súas posicións prooccidentales, Rusia inicia a invasión de Ucraína “para desnazificar” as rexións do leste deste país.


 

E A AMEAZA CUMPRIUSE

Os EEUU avisaron da enorme probabilidade de invasión ata que ao final o exército ruso comezou a invadir territorio ucranio. Que ocorrera? O devandito, o medo de Putin a ter á OTAN como veciño e Zelensky non faría noxos a esta posibilidade, diso estaba convencido o líder ruso. 

 

As rexións invadidas ao leste de Ucraína eran rusófonas, aínda que despois da independencia “moitas persoas empezaron a ver a realidade” e descubriron como foran rusificados. “Hai cen anos en Harkiv falábase ucranio” di Eva, refuxiada na Coruña. O caso é que desta cidade a xente fuxiu ao oeste de Ucraína e os que quedaron levantáronse en armas contra os rusos, di Masha Pavlenko, refuxiada tamén na Coruña.

 

Europa enviou armamento de todo tipo e Ucraína puido frear por un tempo aos rusos. Aínda así, o avance do Kremlin era lento pero firme e a tecnoloxía occidental non parecía obstáculo para Moscova. O expresidente norteamericano, Joe Biden, finalmente enviou armamento americano pero aínda así, as cousas non cambiaron. Agora, con Donald Trump no poder de novo en EEUU, os ucraínos, dentro e fóra, teñen moito máis medo que hai só uns meses. 

 

E que sucedía antes da invasión de 2022? Eva sinala que a xente vivía a súa día a día con normalidade, a maioría non pensaba en que puidese haber unha guerra, só algúns grupos do leste advertían do posible perigo. Sobre o separatismo prorruso nesa área do país “é moi posible que sexa incitado por Rusia desde hai anos”. Unha forma de ir preparando o terreo.

 

Volodymyr Zelenskyy paid a visit to the wounded defenders of Ukraine undergoing treatment at a military hospital (51937554922)
O presidente ucranio Zelensky saúda a un soldado ferido na fronte


 

NEGOCIACIÓNS

Sobre as negociacións entre Trump e Putin o sentimento xeneralizado é de “indignación” pois se considera unha “chantaxe” o ofrecemento de axuda por parte de Trump a Ucraína a cambio de 500.000 millóns de dólares en terras raras. Isto chegou ao seu paroxismo cando a administración Trump antes de abrir calquera tipo de negociación quixo obrigar a Zelensky a asinar o acordo polo que quedaban os minerais ansiados.

 

De novo Donald Trump anunciou unha nova rolda de conversacións de paz entre delegacións estadounidenses e rusas, programada para o 25 de febreiro en Riad. Esta iniciativa xerou controversia e preocupación entre os aliados europeos e Ucraína.

 

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, declarou que o seu país non aceptará ningún resultado destas conversacións, xa que Kiev non participa directamente nelas. Os aliados europeos tamén expresaron o seu malestar por ser deixados á marxe das negociacións. O viceministro de Asuntos Exteriores de Rusia, Sergei Ryabkov, anunciou que se están levando a cabo preparativos para unha reunión cara a cara entre Trump e Putin. Este potencial cume podería incluír conversacións sobre cuestións globais, non limitar só á guerra en Ucraína.

 

“Esta negociación non é xusta e está a dar tempo a Putin para frear, rearmarse e volver invadirnos” sinala Pavlenko. O temor é grande debido ao que non se di sobre as reunións entre Trump e Putin, sobre todo pensando na perda de soberanía sobre as materias primas e as condicións territoriais en que quedaría Ucraína.

 

EuropaPress 5632116 12 december 2023 russia moscow russias president vladimir putin speaks
O  presidente ruso Vladimir Putin


 

REFUXIADOS 

Transcorridos tres anos desde o inicio da guerra, en España cóntanse uns 220.000 refuxiados, a maioría mulleres e nenos ademais de persoas que non poden combater. En Galicia o número rolda entre os 900 e os 1.000 refuxiados. Sobre todo repártense entre Vigo e A Coruña. Nesta última cidade realizarán este 24 de febreiro unha manifestación a partir do sete da tarde que acabará na Praza de María Pita. Desde alí leranse comunicados e pedirase o fin da guerra.

 

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) estima que 10,6 millóns de ucraínos están actualmente desprazados, o que equivale a case unha cuarta parte da poboación previa á guerra. Dentro de Ucraína, 3,7 millóns de persoas víronse desprazadas internamente, mentres que case 6,9 millóns de refuxiados continúan recibindo protección noutros países.

 

A destrución de infraestruturas foi masiva, con máis de 2 millóns de fogares danados ou destruídos en toda Ucrania. A isto súmanse os ataques repetidos sobre as infraestruturas enerxéticas han deixado á poboación en condicións precarias, especialmente durante os meses de inverno.

 

Actualmente a situación na fronte segue sendo tensa. En febreiro de 2023, Rusia mobilizou preto de 200.000 soldados para unha nova ofensiva no Donbás. Pola súa banda, Ucraína lanzou unha contraofensiva no sueste en xuño de 2023, aínda que non logrou avances significativos.

 

A medida que a guerra entra no seu cuarto ano, a comunidade internacional segue dividida sobre como abordar o conflito. As novas iniciativas de paz lideradas por Trump xeraron algunha esperanza pero moita preocupación, especialmente entre os aliados europeos e Ucraína. O resultado destas negociacións podería ter un impacto significativo non só no futuro do conflito, tamén nas relacións internacionais en xeral.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE