Joe Biden renuncia á reelección como presidente dos Estados Unidos

Biden anuncia a súa retirada nunha mensaxe subida ás redes sociais. 


|

Joe biden
Joe biden

 

Joe Biden renuncia á carreira presidencial. Fíxoo saber esta tarde despois de varias semanas entre rumores e presións desde dentro do seu partido. Os últimos acontecementos en relación ao seu estado de saúde (con COVID nos últimos días) minguaron a súa imaxe ao mesmo tempo que lle restaron puntos na súa campaña electoral. E a isto sumar a imaxe dun Donald Trump ferido coa bandeira norteamericana ao fondo que o ha encumbrado entre os seus seguidores e seguramente entre moitos outros electores aínda indecisos. 

 

Joe Biden deu signos de non estar en condicións nos últimos tempos, sobre todo despois do debate contra Trump no que, balbuceante, non soubo explicar a súa política migratoria. Ou o que supuxo un gran mazazo final, en pleno cume da OTAN, o actual presidente dos EEUU confundiu ao seu homólogo ucraíno, Volodymyr Zelenski co presidente ruso Vladimir Putin.

 

Na mensaxe enviada pola rede X, Biden encabeza as súas palabras cun “Aos meus compatriotas” para continuar con “Nos últimos tres anos e medio fixemos grandes progresos como nación”. Barak Obama ou Nancy Pelosi, pesos pesados no Partido Demócrata, foron voces que tamén quixeron guiar a Biden cara ao camiño da renuncia. 

 

De momento solucionouse quen substituirá a Biden, será a súa vicepresidenta Kamala Harris, o que non se sabe por agora é cal será o rostro que a acompañe nunhas eleccións que se celebrarán en só catro meses. 

 

Renuncia biden
Renuncia biden

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE