Cume de embaixadores da UE na Coruña o vindeiro martes 21 de maio

A delegación diplomática está conformada por 23 embaixadores e embaixadoras dos 27 estados membros da Unión Europea, xunto coa cónsul honoraria de Bélxica
 


|

A coruu00f1a
A Coruña


A Coruña acollerá o próxima martes, 21 de maio, o cume de embaixadores da Unión Europea con motivo da visita organizada pola Presidencia belga do Consello da Unión Europea a Galicia.

A alcaldesa, Inés Rey, ofrecerá unha recepción institucional á delegación diplomática no palacio municipal de María Pita ás 13,00 horas.

A rexedora estará acompañada por representantes institucionais e das principais entidades sociais e empresariais, xunto con outros sectores da cidade, nunha recepción aberta á sociedade coruñesa.

A delegación diplomática está conformada por 23 embaixadores e embaixadoras dos 27 estados membros da Unión Europea, xunto coa cónsul honoraria de Bélxica.

Os países que estarán representados son Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Países Baixos, Polonia, Portugal e Suecia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE