Besteiro disfrázase de 'Robin Food' para despedir o ano

'Na cociña con Besteiro' é a mensaxe de fin de ano que o candidato socialista á Xunta quixo deixar en redes.


|

Besteiro cociu00f1ando
Besteiro 


'Na cociña con Besteiro', así se titula o vídeo que subiu ás súas redes sociais para despedir o ano o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xosé Ramón Gómez Besteiro, no que prepara unha receita do cociñeiro David de Jorge, coñecido como Robin Food.


Trátase dun pito marinado cun ingrediente "sorpresa", varias onzas de chocolate negro, que o político lucense explica paso a paso como realizar para a cea de Noitevella desde a cociña da súa casa.

Ademais, explica, realízaa empregando todos os produtos galegos a excepción do chocolate. No transcurso do vídeo, menciona que utiliza, por exemplo, mel do Valadouro.

O vídeo compartido nas súas redes sociais foi respondido polo propio autor da receita, Robin Food, que felicitou a Besteiro e desexoulle un feliz ano novo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE