As linguas cooficiais son unha "ferramenta de convivencia" sinala Besteiro no San Froilán en Barcelona
O secretario xeral do PSdeG, reivindicou a "forza da igualdade e da cooperación" fronte aos que "levantan muros" ante o diferente, aos que "alimentan o odio ou tentan dividir e enfrontar"
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou, durante o pregón das festas de San Froilán en Barcelona, as linguas cooficiais como "ferramentas de convivencia" e remarcou os "lazos inquebrantables" de Lugo e de toda Galicia con Cataluña, unha referencia de "pluralidade, acollemento e comprensión".
Besteiro reivindicou a iniciativa do PSOE para regularizar o uso do galego, @euskera e catalán no Congreso e que, actualmente, son usados "con total normalidade".
Neste sentido, defendeu o carácter dun país "diverso" que ten unha "riqueza enorme" na súa variedade, que a vive con "máis normalidade do que ás veces se quere contar nuns tempos nos que parece máis fácil odiar que dar a man".
Así, reivindicou a "forza da igualdade e da cooperación" fronte aos que "levantan muros" ante o diferente, aos que "alimentan o odio ou tentan dividir e enfrontar".
Durante o pregón, cualificou a festa do San Froilán como "unha fermosa maneira hermandarse" e de manter os vínculos "como legado da importante comunidade de lugueses e da súa achega á convivencia porque a alegría "non entende de fronteiras".
Besteiro remarcou o "enorme afecto" que teñen "desde moitísimas parte de España por Cataluña" ante o que puxo como exemplo as xeracións de galegos que atoparon en Cataluña un "lugar para vivir, traballar e formar parte dunha sociedade que constantemente busca avanzar".
Escribe o teu comentario