Feijóo contratou a dedo trece veces ao despacho de Montoro cando era presidente da Xunta
O importe das adxudicacións, unha media de 13.000 euros de media, e o feito de que as adxudicacións non se publicasen no DOG apunta a que foron contratos menores. Son vías de contratación plenamente legais pero que, na práctica, permiten a adxudicación sen concurso nin competencia, a dedo.
Entre 2009 e 2011, durante os primeiros anos da primeira lexislatura de Alberto Núñez Feijóo á fronte da Xunta de Galicia, o goberno galego contratou en até trece ocasiones os servizos do despacho fundado por Cristóbal Montoro, Euipo Económico, agora baixo a lupa das autoridades tras as investigacións que pesan sobre o ex ministro de Facenda con Mariano Rajoy.
172.000 EUROS
O trece informes, un deles centrado na situaición económica das caixas galegas, suman un importe por encima dos 172.000 euros. Todo iso queda reflectido na listaxe de expedientes que a Xunta trasladou ao BNG tras a solicitude dos nacionalistas remitida no Parlamento de Galicia.
Desde a bancada nacionalista anticipan que acudirán á Consellería a ver o contido dos informes e coñecer de corrida si as análises encargadas poden gardar relación coas acusacións que pesan sobre o ex ministro.
O secretario xeral técnico da Consellería, David Cabañó, defende que os expedientes se axustaron aos procedementos administrativos legais correspondentes. Ao tempo, Cabañó defendeu que se fai unha análise dos seus indicadores, e que, ante "o máis que previsible escenario de movementos que se estaba producindo, conclúe con cinco posibles alternativas, sen decantar por ningunha delas".
"Non fala de ningún tipo de bancarización", esgrimiu o propio Cabañó ante Noa Presas, antes de recalcar que os decretos que determinaron o futuro das caixas galegas son moi posteriores á data na que se encargou o estudo a Equipo Económico.
Escribe o teu comentario