O PSdeG critica á Xunta por non informar puntualmente á cidadanía sobre os incendios
A deputada Carmen Rodríguez Dacosta "non abonda con que o Goberno de Rueda publique nunha web dúas veces ao día datos sobre a superficie calcinada e os efectivos desprazados a combater cada lume, senón que debe debe trasladar a información que manexa o Cecopi"
A deputada do PSdeG no Parlamento galego Carmen Rodríguez Dacosta reclamou á Xunta que informe puntualmente á cidadanía da situación dos incendios.
Para a portavoz socialista de Política Forestal, "non abonda con que o Goberno de Rueda publique nunha web dúas veces ao día datos sobre a superficie calcinada e os efectivos desprazados a combater cada lume, senón que debe debe trasladar a información que manexa o Cecopi".
Ante unha situación "de extrema gravidade" como a que se está producindo, "os máximos responsables do Goberno galego teñen que comparecer ante os medios de comunicación "dunha maneira regular, cando menos diaria", demandou Dacosta.
"Trátase de que os veciños e veciñas coñezan puntualmente que zonas se atopan en risco, que localidades están confinadas ou foron evacuadas e aspectos tan básicos como que estradas permanecen pechas e por cales deben circular precísanse desprazar.
Carmen Rodríguez Dacosta reclamou "absoluta transparencia" porque a cidadanía, dixo, "ten dereito a coñecer a dimensión real da catástrofe e as previsións que manexan os técnicos a fin de garantir a seguridade e a integridade das persoas que poidan ver afectadas por esta catástrofe".
Escribe o teu comentario