Rueda di que a Xunta non ten "nada que ocultar" nos contratos co despacho de Cristóbal Montoro
O presidente da Xunta asegura que non existen irregularidades nos contratos do Goberno galego con Equipo Económico.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que "non hai absolutamente nada que ocultar" nos contratos do Goberno galego con Equipo Económico, o despacho do exministro de Facenda Cristóbal Montoro investigado por presuntos amaños en leis a cambio de pagos de empresas.
O presidente da Xunta pronunciouse deste xeito ao ser preguntado na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno pola esixencia do BNG de coñecer os contratos asinados polo Goberno galego con este despacho.
Respecto diso, Rueda asegurou que non ten "ningún problema na transparencia" e en fornecer estes contratos. Ademais, dixo que non é necesaria ningunha investigación porque "ningún motivo hai".
"Son contratos feitos entre o ano 2009 e o 2011 para consultoría económica e non hai absolutamente nada que ocultar", afirmou para sinalar que a Xunta llos facilitará "a quen os pido". "Non vexo necesario unha investigación por unha actuación que, pola nosa banda, non foi irregular en absoluto", incidiu.
Escribe o teu comentario