Pontón ve como "folla de ruta" o legado do Estatuto do 36 e de Castelao para construír unha "Galicia con futuro"
Pontón destacou que Castelao foi consciente de que aquel Estatuto "non recollía" todas as súas aspiracións, pero entendía que era "un paso decisivo no camiño facía a soberanía".
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou un "novo status" para Galicia, que a recoñeza como nación con "plenos dereitos e capacidades" para "decidir sobre o seu futuro". Así o fixo este sábado durante un acto, da formación nacionalista, para conmemorar o aniversario da aprobación do Estatuto de 1936.
Neste sentido, Pontón apelou ao espirito de unidade e de comunidade que inspirou á sociedade galega naquela histórica xornada do 28 de xuño de 1936.
"Se pechamos os ollos neste lugar tan simbólico, case podemos sentir a enerxía que percorreu Galicia aquel día. Podemos ver o entusiasmo de todo un pobo que saíu en masa a votar si ao Estatuto, si a ter máis poder para decidir, si ao autogoberno", remarcou Pontón, á vez que enxalzou a figura de Castelao como "referente indiscutible" do nacionalismo galego.
Pontón destacou que Castelao foi consciente de que aquel Estatuto "non recollía" todas as súas aspiracións, pero entendía que era "un paso decisivo no camiño facía a soberanía".
"Hoxe seguimos ese camiño, coa mesma determinación, porque o que quería Castelao e as xeracións do galegismo histórico segue a ser unha tarefa pendente: que Galicia teña a capacidade plena para decidir o seu futuro", asegurou.
Nesta liña, denunciou que case 90 anos despois Galicia "segue atrapada" nun marco de autogoberno "limitado, con competencias "recortadas" e cun modelo de financiamiento que supón "un claro espolio" para Galicia.
Por iso, Pontón propón un "novo marco político" que reconoza Galicia "como nación, con soberanía plena no ámbito político e financeiro". "Queremos un concerto económico, como teñen Euskadi e Navarra, que nos permita decidir sobre o 100% dos nosos recursos. Porque sen soberanía financeira, non hai soberanía política", subliñou.
Escribe o teu comentario