Festas da Ascensión en Santiago: lugar de encontro para dirixentes dos principais partidos políticos
Na Alameda compostelá púidose ver a destacados membros das diferentes forzas políticas que competiron nas últimas citas electorais
O día grande das festas da Ascensión de Santiago de Compostela, festivo na capital galega, reuniron este xoves aos dirixentes dos principais partidos políticos.
Na Alameda déronse cita o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que paseou pola zona acompañado pola responsable de Organización da formación, Lara Méndez; do secretario xeral do PSOE local, Aitor Bouza, así como dos dous concelleiros socialistas na corporación municipal Guimersindo Guinarte e Marta Abal, entre outros socialistas.
Ademais, tamén se achegou ao epicentro das celebracións a líder do BNG, Ana Pontón, quen deu un paseo xunto á rexedora da cidade, Goretti Sanmartín. Ambas, xunto a distintos membros do BNG na cidade compartiron comido o polbo nas carpas que cada ano se instalan na zona.
Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, deixouse ver pola zona xunto ao presidente do PP local, Borja Verea, e outros cargos do partido como o portavoz parlamentario, Alberto Pazos, e o eurodiputado Adrián Vázquez.
Por último, unha delegación de Movemento Sumar Galicia capitaneada polo secretario xeral Paulo Carlos López deu un paseo portando camisetas coa lema da campaña iniciada pola formación para reivindicar a redución da xornada, nas que se podía ler a frase "traballar menos para vivir mellor".
Escribe o teu comentario