Besteiro sinala que Rueda "ignora os principais problemas dos cidadáns"
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, fixo estas declaracións no aniversario da vitoria que outorgou maioría absoluta a Alfonos Rueda e que lle permitiu tomar posesión como presidente da Xunta
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, fixo balance do aniversario da toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, do que lamentou que "ignora os principais problemas dos cidadáns" e advertiu de que Galicia "non ten liderado nin proxecto claro".
"Cúmprese un ano de Rueda á fronte da Xunta. Un ano, pero os 16 anos anteriores das políticas equivocadas do PPdeG tamén levan a marca da súa responsabilidade", afirmou Besteiro, ao lembrar a traxectoria do actual presidente como número dous de Alberto Núñez Feijóo durante máis dunha década.
Besteiro denunciou que Rueda "ignora os principais problemas" da cidadanía. Ante isto detallou que a sanidade "está colapsada", a vivenda "inaccesible" e iso, para Besteiro, son "reflexos do fracaso das prioridades sociais".
"A súa única aposta é unha aposta industrial e é Altri, unha macrocelulosa polémica, contestada socialmente, de viabilidade incerta e que Galicia non necesita", sinalou Besteiro.
A continuación, o líder de filas dos socialistas galegos ha criticado que Rueda "segue mais preocupado pola súa imaxe que pola xestión" e afirmou que o presidente autonómico "deixa pasar oportunidades e mostra morneza" na defensa dos intereses dos galegos.
Así mesmo, asegurou que a Comunidade "non pode seguir atrapada na inercia" e esixiu unha "alternativa seria, con proxecto, centrada nas necesidades reais da xente".
Escribe o teu comentario