A traxedia rozou un colexio da Pobra por culpa de Herminia e a decisión da Xunta de non suspender as clases

Os estudantes non regresarán hoxe ao CEP Pilar Maestu Sierra da Pobra do Caramiñal, onde segue pesando a alerta vermella por temporal costeiro, como en toda a cornixa atlántica. O centro escolar de Cadreche suspendeu as súas clases onte ao saír voando a cuberta do campo de fútbol contiguo ao colexio, que a punto estivo de levar por diante a unha nai e ao seu fillo. A pesar disto, os estudantes doutros centros terán que acudir ás aulas, aínda que o risco que entraña o temporal é evidente. Galiciapress charla coa directora do colexio pobrense, como o sindicato STEG, coa Consellería de Educación e co propio Alfonso Rueda para concer a postura de cada un deles e si existe ou non un protocolo para esta clase de situacións. 


|

El conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, en una reunión con el CSIC.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez

 

Sucedeu todo en cuestión de segundos, como una exhalación. Literalmente como una exhalación ou un soplido, pois a cuberta do campo de fútbol de Cadreche, na Pobra do Caramiñal, levantouse coma se fose unha folla de papel, e a pesar das súas dimensións foi arrastrada polos ventos tempestuosos cos que Herminia peiteou á cornixa atlántica este luns. Eran as 9:40 horas, máis ou menos, cando M. levaba ao seu fillo de 7 anos a clase no CEP Pilar Maestu Sierra, xusto o preciso momento no que a cuberta saíu voando e a punto estivo de levarlla a ela e ao pequeno por diante. “Non nos esmagou de milagre”, relataba a este diario aínda co susto no corpo.

 

 

Afortunadamente só houbo que lamentar danos materiais e a cuberta, que acabou encaixada contra o coche da afectada, puido ser retirada para liberar o vehículo, pero a traxedia sobrevoou, e nunca mellor dito, ao colexio de Cadreche, como popularmente se coñece a este centro barbancés, que tivo que suspender as clases na xornada de onte. 

 

“DEBO VELAR POLA SEGURIDADE DE TODOS”

Foi un ditame final tomado polo equipo directivo do propio centro, que a directora, Silvia Folgueira, achaca á “responsabilidade”, tendo en conta que a decisión de celebrar as clases ou non pese ao temporal quedou en mans das direccións dos centros educativos galegos, aínda que os refachos de vento nalgúns puntos superaron mesmo os 140 km/h.

 

 

“Foi un susto importante. E tarda en pasar ese susto”, recoñece Folgueira, que con todo celebra que a mañá transcorrese “sen máis contratempos” unha vez que todos os estudantes puideron abandonar o centro e regresar aos seus fogares. A dirección, unha vez puxo os feitos en coñecemento da Policía Local, tratou de chamar a InspecciónEducativa para informar do ocorrido e cando por fin puido contactar con eles remitírona a Xefatura Territorial. 

 

Neste punto a dirección do centro pobrense lamenta o pouco apoio recibido por parte das autoridades educativas e recalca no comunicado que se fixo chegar ás familias que a suspensión das clases respondía ao “deber de velar pola seguridade de todas e todos”, xa que “desde a Consellería non se fixo o traballo que entendo debería facer, descargando toda responsabilidade na dirección do centro”. 

 

Cadreche
A cuberta do campo de fútbol saíu voando até o aparcadoiro do centro escolar

 

“Tentei chamar a Inspección e non conseguín resposta. A decisión de suspender foi automática porque me parecía que era a mellor dirección que podiamos tomar á vista da situación na que estabamos. Entendín que era unha situación de risco e entre as miñas responsabilidades está velar pola seguridade dos membros da comunidade educativa, polo perigo que podía supor á saída do centro. Consulteino co claustro e todos estiveron de acordo”, expón a directora, á vez que puntualiza que no interior do edificio a seguridade era total e que o risco potencial estaba na zona onde caeron as placas do estadio, precisamente na beirarrúa por onde acceden os colexiais ao centro escolar. 

 

“Ante unha alerta creo que debería ser unha decisión que debería vir desde a Consellería, non deixar a toma das decisións nas direccións dos colexios. Pero isto leva tempo sendo así, non foi esta a única ocasión”, lamenta Folgueira, que apostila que non recibiron notificación algunha por parte da Consellería nin contan cun protocolo específico, como demandan algúns sindicatos.

 

Desde o Concello dá Pobra desprazáronse ao momento do suceso o alcalde, José Carlos Vidal, e a edila de Cultura, Patricia Lojo, que avaliaron os danos no lugar. Os esforzos das autoridades centráronse en tratar de asegurar a zona e evitar que se puidesen producir máis desprendemento na cuberta. Folgueira, pola súa banda, garantiu que a información ás familias era “exhaustiva” e que se lles trasladaba de maneira puntual. En calquera caso, este martes os estudantes de Cadreche non reiniciarán as clases, unha decisión que se prorrogará mentres dure a alerta vermella na costa arousá.

 

UN COMITÉ DE ALERTAS

A pregunta que se fan todos é por que nunha xornada onde se superaron as 1.4000 incidencias a Consellería de Educación non estimou oportuno suspender as clases como medida preventiva. Sobre isto o presidente do Goberno de Galicia, Alfonso Rueda , rebaixou a decisión ao consenso dos técnicos que compoñen o comité de alertas. 

 

“O domingo estiveron a falar os técnicos de Meteogalicia cos da AEMET e tomouse a determinación de non suspender as clases. Se se tomou outra determinación comunicouse, pero non foi así e é a situación normal. En todo caso é un comité de alertas o que toma esa decisión. Non a tomou e por iso hoxe -#referir a onte luns- había clase”, despachou Rueda consultado por Galiciapress .

 

 

Desde a Xunta levan meses demandando ao Goberno de España a transferencia das competencias en materia meteorolóxica para emitir alertas e ter máis capacidade de decisión aínda que en aspectos como o da celebración ou non das xornadas lectivas xa ten competencias. De feito, a propia Consellería de Educación argumenta a este diario que “a Xunta non delegou a decisión de suspender as clases nos equipos directivos”.

 

En Galicia contamos coa Comisión Escolar de Alertas, un ente de carácter técnico formado por varios departamentos da Xunta con competencias en emerxencias, meteorología, educación e mobilidade. Cando existe algunha alerta meteorolóxica, esta comisión toma as decisións correspondentes e comunícaas”, explican, na liña do exposto polo propio Rueda.

 

A continuación, abundaron que durante o fin de semana “os técnicos monitorizaron en todo momento a situación en función da alerta existente, que para este luns é de nivel amarelo no territorio”. “Se as clases se suspendesen ou fose necesario tomar algunha medida, informouse”, aseguran, aínda que a información non é do todo precisa, xa que a alerta vermella na costa e a localización de centros como o IES A Pobra, pegado á praia, obriga a dubidar de que a consideración para que este e outros centros fose de alerta amarela e non vermella.

 

De feito, precisamente no instituto pobrense, como no colexio de Cadreche, suspendéronse as clases. Foron os únicos que non celebraron a xornada lectiva dos máis de mil repartidos por toda Galicia, segundo indica a Consellería de Educación a este diario. “Neste tipo de situacións, os equipos directivos contan coas direccións territoriais da Consellería, co servizo de Inspección Educativa (cada centro conta cun inspector) e coa Unidade Técnica (que se encarga das infraestruturas dos centros)”, conclúe o comunicado de Educación. 

 

UN PROTOCOLO ESTANDARIZADO E PÚBLICO

Con todo, as explicacións da Xunta non parecen satisfacer nin a moitos centros escolares nin a organizacións como o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galicia (STEG), que xa durante o paso da borrasca Kirk en outubro denunciou a ausencia dun protocolo para minimizar os riscos nesta clase de situacións. De feito, durante Kirk un dos muros do pavillón dunha escola de Porto do Son derrubouse polo impacto do temporal, poucas horas antes de que os escolares estivesen na zona onde nese momento caeron os cascotes.

 

 

 

“Desde STEG rexeitamos de novo que a decisión de pechar un centro por adversidades meteorolóxicas teña que recaer nas direccións dos centros educativos”, insisten desde o sindicato, que entende que isto provoca “inquietude e incerteza” tanto nos alumnos como nas familias e os docentes. 

 

Así, piden que a Xunta “asuma a súa responsabilidade” e piden a Román Rodríguez, titular de área de Educación, Ciencia, Universidades e FP, que remedie esta situación de “descontrol absoluto” cando o conselleiro afirma que se trata dunha eventualidade “absolutamente protocolarizada” e que este é “absolutamente coñecido”, algo que negan os propios centros escolares. 

 

“Desde STEG solicitamos por sede electrónica, sen resposta, coñecer este protocolo”, profunda o sindicato. Por isto, insisten na necesidade de estandarizar este protocolo, que se faga público e que sexa a Comisión Escolar de Alertas a que tome medidas, “non deixar a decisión dos peches dos centros nas direccións porque non é a súa competencia valorar os datos e as alertas de AEMET ou Meteogalicia para suspender as clases”, ao que suman “a complexidade e perigo, en caso de adversidade meteorolóxica, do transporte escolar en Galicia”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE