Gonzalo Caballero non competirá no Congreso do PSdeG

O exlíder do PSdeG entre 2017 e 2021, Gonzalo Caballero, anunciou que non concorrerá ás primarias para renovar a dirección da formación, ao considerar que "non se dan as condicións" necesarias debido á acumulación de apoios do aparello do partido ao redor da candidatura de José Ramón Gómez Besteiro. Segundo Cabaleiro, esta situación impide que o PSdeG acometa a renovación que necesita para reconectar coa cidadanía.

 


|

El que fuera secretario xeral del PSdeG entre 2017 y 2021, Gonzalo Caballero, en declaraciones as los medios junto a militantes del partido
 

O que fóra xefe de filas do PsdeG entre 2017 e 2021, Gonzalo Caballero, descartou presentar ás primarias que a formación celebra para renovar a súa dirección ao considerar que "non se dan as condicións" pola acumulación de cargos do aparello ao redor da candidatura de Besteiro, un feito que considera que impide que o partido poida afrontar a renovación que necesita.

Así o explicou en declaracións aos medios este xoves na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, onde sostivo que "o cambio que non é posible liderar nestes momentos, será posible nos próximos porque o derrube electoral non pode ser persistente de forma continua".

O político vigués, que compareceu ante a presa acompañado de militantes de todas as provincias, cualificou de "desastre" a situación actual do partido pero incidiu en que "a concentración de altos cadros municipais e provinciais", así como de Ferraz ao redor da candidatura de Besteiro supoñen un "tapón" para que poida producir a renovación que o PSdeG necesita para conectar coa cidadanía.

 

Esta decisión prodúcese  despois de constatar que a dirección socialista e os altos cargos do partido optan por outra candidatura. 
 

Calendario para o próximo congreso dos socialistas de Galicia

O próximo congreso do PSdeG, que será o XV Congreso Nacional, celebrarase os días 8 e 9 de marzo. A data do congreso coincide co Día Internacional da Muller, o cal é intencional para enfocar en temas de igualdade. 

 

Este congreso terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. O proceso de primarias comezou o 13 de xaneiro, día que Besteiro confirmou a súa candidatura.

 

Os precandidatos deberán obter un 12% de avais da militancia para participar no proceso. Esta é a barreira que parece Cabaleiro considerou difícil de superar. O vigués xa criticara que o número de avais fora aumentado pola dirección galega respecto de congresos anteriores.

 

Dado que a barreira é de 1.200 avais, estímase que o PSdeG anda polos 10.000 militantes coas cotas ao día. 

 

Durante o mes de febreiro, o PSdeG debaterá o informe político, que incluirá temas como dereitos laborais, servizos públicos, vivenda e igualdade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE