Isabel Faraldo, nova coordinadora de Podemos Galicia co 80% dos votos
A formación indicou que participaron un total de 833 persoas e Faraldo recibiu 710 dos votos emitidos e os outros 173 foron en branco
A que fóra candidata de Podemos Galicia á Xunta nas pasadas eleccións do 18 de febreiro, Isabel Faraldo, foi elixida como nova coordinadora da formación.
Este sábado tivo lugar a votación para elixir aos membros que conformarán o Consello Cidadá e Faraldo, que foi escollida co 80,4% dos votos, substituirá no cargo a Borja San Ramón.
A formación indicou que participaron un total de 833 persoas e Faraldo recibiu 710 dos votos emitidos e os outros 173 foron en branco.
Escribe o teu comentario