O PSdeG recrimina á Xunta o non ter un plan para frear "o aumento desmedido" da pobreza

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, alertou de que o "aumento de 50.000 persoas en risco de pobreza e exclusión, con especial incidencia nas mulleres e nenos, evidencia o fracaso das políticas do Goberno galego"


|

Psdeg
Psdeg


 

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias despois de coñecer as conclusións do último informe sobre a pobreza elaborado por EAPN Galicia.

Segundo informou o PSdeG nunha nota de prensa, a responsable socialista ha pedido ao Goberno galego que elabore e aprobe un plan de choque transversal para activar todos os recursos posibles "contra o incremento desmedido do número de persoas en risco de pobreza ou exclusión".

Neste sentido, a parlamentaria alertou de que o "aumento de 50.000 persoas en risco de pobreza e exclusión, con especial incidencia nas mulleres e nenos, evidencia o fracaso das políticas do Goberno galego".

Explicou que 690.000 galegos en risco supón "o fracaso non só da política social ou da loita contra a pobreza", senón que "evidencia que a calidade do emprego é absolutamente insuficiente, a política de vivenda queda moi lonxe dos seus obxectivos e a rede de apoio á cidadanía é absolutamente deficiente".

Nesta liña, advertiu de que un de cada catro galegos vive en risco de pobreza ou exclusión social, "o que supón un problema transversal que esixe unha resposta transversal do Goberno galego".

Así, a deputada esixiu á administración autonómica que inclúa neste Plan contra a Pobreza "orzamento, prazos e medidas concretas e medibles" co obxectivo de "reverter esta preocupante situación dos fogares galegos".

Ademais, demanda á Xunta que colabore coas entidades do terceiro sector para pór en marcha, nun prazo de catro meses, dun Plan estratéxico para afrontar a situación de exclusión e vulnerabilidade.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE