José Miñones deixa a súa acta no Congreso e será proposto para presidir Mercasa
O que fóra ministro de Sanidade e delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, deixou a súa acta como deputado no Congreso para ser proposto presidente de Mercasa.
O exdelegado do Goberno en Galicia, que abandonou o cargo para ser ministro de Sanidade durante un breve período de tempo, dirixirá a empresa pública de xestión e información da cadea alimentaria.
O xa exdiputado presentou un escrito no que comunicado a súa renuncia. Agora, será a Sociedade Estatal de Participacións Industriais a que propoña o seu nomeamento.

O que fóra ministro de Sanidade e delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, deixou a súa acta como deputado no Congreso para ser proposto presidente de Mercasa.
En concreto, o que tamén fose alcalde de Ames (A Coruña) presentou este martes, día 9 de abril, un escrito á mesa da Cámara baixa no que comunica a súa renuncia, tal e como coñeceu Europa Press.
Ademais, fontes consultadas por Europa Press informaron de que se prevé que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) propoña a José Miñones como presidente de Mercasa, empresa pública de xestión e información da cadea alimentaria.
Escribe o teu comentario