O PP promete ao brigadistas contrato de 9 meses no canto de 6

Os traballadores fixos disconinuos contra incendios da Xunta levan décadas reclamando estender os seus contratos máis aló da tempada de alto risco pero a administración sempre se negou. Agora, en plena precampaña, rectifica e faio nun acto co candidato Alfonso Rueda.


|

Rueda se reúne con brigadistas en el marco de la precampaña.
 

O presidente e candidato do PPdeG á reelección, Alfonso Rueda, comprometeuse a que, se obtén a confianza dos galegos o próximo 18 de febreiro e continúa á fronte do Goberno galego, gradualmente incrementarase a nove meses o tempo de traballo de persoal do servizo de prevención e extinción de incendios de Galicia que actualmente traballa durante seis meses ao ano.

Os populares concretaron que se faría de maneira gradual en tres anos, incrementando xa un mes este 2024, no que estes profesionais traballarían sete meses en lugar de seis. Roda, quen no encontro estivo acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, esgrimiu que este incremento de período laboral iría ligado a un compromiso de potenciar os labores de prevención.

En palabras do candidato popular, dáse un "importante salto cualitativo" cunha medida que, se continúa á fronte da Xunta, beneficiará a case 1.000 profesionais --un terzo do total do persoal deste servizo-- e permitirá "incrementar e planificar mellor os traballos de prevención contra o lume".

Esta medida sumaríase así aos aumentos xa aplicados a este mesmo persoal, que pasou de traballar de tres meses no ano 2017 a facelo seis meses en 2020.

Os populares tamén aludiron ao aumento do tempo de traballo dos profesionais que desempeñaban a súa función durante nove meses e que agora desenvolven a súa actividade durante todo o ano.

Así, dun colectivo de máis de 3.000 profesionais, Rueda esgrimiu que dous terzos do servizo de incendios traballan na actualidade durante todo o ano.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE