O Centro Internacional de Prensa de Galicia acollerá un debate electoral con cinco cabezas de lista galegos

Participarán no debate Francisco Conde, do PP; David Regades, do PSdeG-#PSOE, Néstor Rego, do BNG; Marta Lois, de Sumar, e Juan Garcialaso de Veiga, de Vox


|

WhatsApp Image 2023 07 07 at 14.01.28 (1)
Cartel do debate electoral que terá lugar o martes no CiPG / Foto: APSC

Santiago acollerá o vindeiro martes un debate con 5 candidatos cabezas de lista en Galicia ás próximas eleccións xerais do 23 de xullo. O acto está organizado pola Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela e terá lugar no Centro Internacional de Prensa de Galicia, xestionado pola propia asociación, situado na Rúa Nova, 9, no centro histórico compostelán.

 

O debate dará comezo ás 19:00 e contará coa participación de Francisco Conde, último vicepresidente da Xunta de Galicia e número 1 do Partido Popular polas eleccións xerais; David Regades, número 1 do #PSdeG-#PSOE pola provincia de Pontevedra; Néstor Rego, actual deputado polo #BNG no Congreso dos Deputados e cabeza de lista pola formación nacionalista na provincia da Coruña; Marta Lois, nomeada por Yolanda Díaz presidenta do movemento Sumar e candidata a este partido pola provincia da Coruña, e Juan Garcilaso de la Vega, candidato de Vox pola provincia da Coruña.

 

A entrada a este acto, segundo informaron desde a súa organización, será libre até completar o aforamento do local.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE