Sondaxe prevé que Rueda goberne de novo a Xunta de Galicia con maioría absoluta
#PSdeG e PP perderían cada un un escano, mentres que o BNG gañaría dous
Sondaxe elaborou este sábado unha enquisa para o diario La Voz de Galicia dúas enquisas electorais. Unha delas versa sobre unhas hipotéticas autonómicas, que indica que o actual presidente da Xunta, Alfonso Rueda, podería revalidar no cargo. A outra mostra a repartición dos escanos galegos no Congreso dos Deputados para os xenerais do 23 de xullo, nos que o PP sacaría até tres deputados de diferenza sobre os que obterían xuntos PSdeG, Sumar e BNG.
Ante uns eventuais comicios no Parlamento de Galicia para os que quedan un ano, sempre que non haxa adianto, o PPdeG de Rueda obtería un 46,6% do voto, que lle daría unha nova maioría absoluta de 41 escanos, aínda que baixaría un con respecto aos que conseguiu Alberto Núñez Feijóo en 2020.
O #BNG de Ana Pontón seguiría ascendendo, chegando a un total de 21 deputados, dous máis que os que ten actualmente, cun 26,8% de apoios. A última forza no Pazo do Hórreo sería o PSdeG-#PSOE, cun 16,7% dos votos, que lle faría perder un escano, quedar con 13. Non entrarían, por tanto, nin Vox nin unha posible confluencia de forzas de esquerdas, que nos pasados comicios do 2020 se presetó como Galicia en Común-Anova Mareas.
Ana Pontón sería a líder mellor valorada, segundo apunta a enquisa de Sondaxe, cun 5,6 de nota e un grao do coñecemento do 83,6%. Con todo, Alfonso Rueda é o que obtén un grao de coñecemento máis alto: un 87%, aínda que cun 5,4 de nota. Ao secretario xeral do #PSdeG, Valentín González Formoso, identifícao o 65,2% dos enquisados mentres que obtén unha nota de 5.
En canto aos 23 escanos ao Congreso que repartirá Galicia nos xenerais do 23 de xullo, o #PP con Feijóo de candidato obtería a maioría, un total de 13 fronte aos 11 que en novembro de 2019. Serían máis que os 10 que suman as forzas de esquerdas: #PSdeG (4), Sumar (2) e #BNG (2).
Os populares terían o 40,2%, o #PSdeG o 26%, Sumar o 13,2% e #BNG o 10,5%, sempre segundo Sondaxe.
REACCIÓNS DE RUEDA E FORMOSO
Preguntado respecto diso deste estudo este sábado nun acto en Oroso , Rueda recoñeceu que as cifras "animan", xa que, aínda que as encuenstas "non son máis que iso", si que "marcan tendencia".
"Un ano despois do cambio de goberno na Xunta de Galicia, que as enquisas auguren que repetiriamos, practicamente, o mesmo porcentaxe e os mesmos escanos que nas eleccións de hai tres anos, que obtivemos un magníficao resultado, o que di é que imos polo bo camiño e con toda humildade", manifestou o presidente.
Rueda dixo acoller esta publicación "con toda humildade e forza" e diferenciouno de "outros que, cando as enquisas lles dan mal é que non valen para nada e cando lles dan ben é que son definitivas".
Pola súa banda, o secretario xeral do #PSdeG, en declaracións en Santiago, insistiu, de face ás xerais, en que "as enquisas que valen son as do 23 de xullo". Así, mostrouse convencido de que os 'tracking' diarios confirmarán o efecto dunha campaña "pedagóxica" que despregarán os socialistas.
Valentín González Formoso lembrou que "non empezou aínda a campaña electoral", pero asegurou que a afrontan mirando "cara a cara aos galegos e pedindo responsabilidade, madurez, reflexión diaria en que queren para os seus fillos".
Así, pediu á cidadanía que se pregunten si "queren un país presidido e vicepresidido por xente que nega a violencia das mulleres, que van obrigar a escoitar o feto, onde as pensións non van estar garantidas" ou cunha "regresión" na lexislación laboral; ou si apostan polo #PSOE, que "con todos os seus erros" si ten "grandes acertos".
Escribe o teu comentario