Resultados axustados en varias eleccións locais das cidades galegas, predí unha enquisa, sobre todo Ferrol e Ourense
Ferrol é a única cidade en que a enquisa de Sondaxe deste domingo dá unha maioría ao Partido Popular, aínda que os conservadores tamén parecen con opcións en Lugo e Ourense. No resto de cidades o máis probable é que non haxa cambios e siga habendo gobernos de esquerdas.
Tan só quedan cinco meses para reunirnos de novo nunhas votacións que decidirán os gobernos dos municipios durante o catro próximos anos. En parte das cidades galegas o resultado pode ser moi axustado e mesmo non é descartable que se produzan modificacións no mapa de poder municipal de Galicia.
O diario La Voz de Galicia acaba de publicar unha nova onda de enquisas elaboradas pola súa filial Sondaxe, na que recolle os resultados de intención de voto dos censados das sete cidades galegas.
VIGO
Segundo os últimos datos, en Vigo non habería sorpresas. Seguiría gobernando o PSOE de Abel Caballero con maioría absoluta, cun total de 19 concelleiros —fronte aos 20 que obtivo en 2019— e un 63,3% dos votos.
PONTEVEDRA
Na cidade de Pontevedra continuaría gobernando o Bloque Nacionalista Galego. E, aínda que, do mesmo xeito que outros anos, non con maioría absoluta, si o faría con votos suficientes que lle permitisen a Lores manter a alcaldía co apoio do PSdeG, que estreará candidato, Iván Puentes.
LUGO
A cidade da Muralla é unha nas que os resultados están máis axustados. O PP segue sendo o partido que acumula máis votos, pero iso non lle garante liderar o goberno, xa que os partidos de esquerda, PSOE e BNG, poderían formar goberno outra vez, como sucedeu tras as pasadas eleccións. Trátase do espazo urbano máis axustado para unha alcaldía do Partido Socialista, xa que os populares seguen crecendo e Candia non esta lonxe de sumar o suficiente para desprazar a Lara Méndez.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
O Partido Socialista vai camiño de repetir en Compostela. Iso si, necesitará pactos pola esquerda, co BNG de Goretti Sanmartín ou Compostela Aberta si quere seguir gobernando en Raxoi. Os nacionalistas rexistrarían para estas próximas eleccións unha importante subida de votos á conta da marea.
A Coruña
A Coruña é outra cidade na que o PSOE segue na cabeza pero cuns resultados moi axustados co Partido Popular. Segundo os últimos datos que publica Sondaxe, tanto o PSOE como o PP obterían 10 concelleiros cada un, co 33,9% e 31,8% dos votos respectivamente. Inés Rey gobernaría pois os conservadores non teñen con quen pactar e os socialistas si, o BNG e/ou a marea.
OURENSE
Jácome tamén o ten complicado, pero non imposible, para seguir sendo alcalde de Ourense. Os resultados están moi repartidos e Democracia Ourensá perdeu bastantes votos desde as útimas eleccións municipais en 2019. Con todo, unha alianza co PP de Democracia Ourensá podería sumar maioría e Jácome e Baltar volver cambiar cromos de Concello por Deputación. Isto suporía un golpe mortal para o retornado Manuel Cabezas, máis proclive a un pacto co PSOE, cuxo posible líder non está claro.
FERROL
De entre o sete grandes urbes de Galicia, Ferrol é na que o Partido Popular obtén os mellores resultados. Unha maioría absoluta axustada con 13 escanos, que non lle permitiría seguir gobernando a Anxo Mato. Ferrol parece ser a urbe máis disputada, como xa pasou hai catro anos cando Rei Varela quedou a 1 edil da maioría.
Escribe o teu comentario