Rueda ve Galicia como a meta dun camiño no que cabemos todos a pesar das diferenzas (vídeo)

O pontevedrés debuta hoxe como presidente da Xunta nun Día Nacional de Galicia. Faio cunha mensaxe en vídeo, como Feijóo, pero cun ton especialmente conciliador.


|

 

 

Vídeo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, con motivo do 25 de xullo, Día de Galicia.


 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, publicou este luns 25 de xullo, Día de Galicia, nas súas redes sociais un vídeo no que convida os galegos a celebrar a súa terra "hoxe e sempre", porque é a "meta" dun Camiño no que caben "todos".

"É realmente difícil de explicar o que significa Galicia. Cada galego levamos a nosa terra moi dentro de nós, así que, no noso día, o mellor que podemos facer é celebrala hoxe e sempre, dentro ou fóra de Galicia, na aldea, na vila, na cidade", expresa o mandatario autonómico.

 



No vídeo con motivo do seu primeiro 25 de xullo como presidente, Alfonso Rueda define a Galicia como "unha Comunidade orgullosa do que é", de "como fala" e de "o que fai".
 

O PROTAGONISMO DO CAMIÑO
Así, a súa intervención está chea de referencias ao Camiño de Santiago, do que recoñece que "nunca perde unha oportunidade" para falar. "Hoxe, no meu primeiro Día de Galicia como presidente, entenderedes que non fago unha excepción", ironiza, aínda que promete que "non" deixará "de falar de nós, os galegos".

"Ademais de recibir camiñantes de todo o mundo neste Xacobeo dobre, nós tamén vimos de lonxe, imos da man no presente e temos a vista posta nun futuro común. A meta, por suposto, non podía ser outra: Galicia", sinala Rueda.
 

TODOS CABEMOS EN GALICIA
Neste contexto, o titular da Xunta afirma que, "por encima de calquera diferenza, todos os galegos" queren facer "máis grande a esta terra" que senten "tan dentro". "Eu apúntome a ese Camiño porque nel tamén estades vós, porque nel cabemos todos e porque ser galego é algo imprescriptible. Feliz Día de Galicia a todos e todas", conclúe o presidente.

Roda tambiu00e9n estubo no Obradoiro para recibir a Felipe VI na ofrenda ao Apostol
Rueda tambiu00e9n estubo no Obradoiro para recibir a Felipe VI na ofrenda ao Apostol



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE