A fragata Cristóbal Colón, con base no Arsenal de Ferrol, apoio militar de España en Chipre
España súmase ao apoio armamentístico no Mediterráneo Oriental co envío da fragata Cristóbal Colón, un dos buques máis modernos da Armada Española, para dar protección a Chipre, Estado membro da UE que recibiu ataques nas últimas horas, presumiblemente, con drones enviados desde Irán.
O apoio militar de España súmase ao envío do portaavines francés Charles de Gaulle e ás achegas da Armada de Grecia, tamén despregada na zona.
Nunha entrevista para a Cadea Ser, a ministra de Defensa, Margarita Robles, insistiu en que calquera decisión se adoptará dentro dun marco internacional claro e sempre co obxectivo de contribuír á defensa da paz e a estabilidade.
Escribe o teu comentario