A UCO rexistra Ferraz, o Ministerio de Transportes e Adif en busca de correos de Cerdán e Ábalos

O xuíz busca información nos correos corporativos dos dous exaltos cargos socialistas.


|

Ferraz
Foto: EP

 

O terremoto provocado polo 'Caso Koldo' que implica a dous exaltos cargos do PSOE como Santos Cerdán e José Luís Ábalos parece que non fixo máis que empezar, tendo en conta que as réplicas do escándalo seguen sacudindo os cimentos do Partido Socialista e o propio Goberno de España. Esta mañá axentes da UCO, tras a autorización xudicial, entraron na sede federal do PSOE en Ferraz en busca de novas probas que impliquen aos dous exsecretarios de organización do PSOE na trama corrupta que investiga o Tribunal Supremo.

 

 

REXISTROS E CLONACIÓNS

A policía xudicial ha realizado un clonado do correo electrónico de Santos Cerdán, segundo apuntan fontes do propio PSOE, e fixeron o propio co mail de Ábalos no Ministerio de Transportes. As mordidas por contratos a construtoras, con episodios como o de Monforte, poderían ter máis ramificacións se se descobre algo novo nas conversacións por mensaxería online. 
 

 

A UCO tamén se acudiu en Adif, o que volve levar o foco dalgunha maneira até a galega Isabel Pardo de Beira, exsecretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Goberno de España e presidenta de Adif, que aparece tamén nas conversacións con Koldo e podería ser utilizada para a adxudicación de contratos.

 

 

A Dirección Xeral de Estradas tamén foi obxecto dos rexistros, así como tres bancos aos que o xuíz Leopoldo Puente, á fronte da instrución, pediu información sobre as contas dos implicados nas súas pescudas sobre o patrimonio do exparlamentario Santos Cerdán e do aínda parlamentario José Luís Ábalos.  

Psoe ferraz
Foto: EP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE