O Goberno decreta tres días de loito polos case 100 falecidos pola DANA, entre eles bebés e nenos
Valencia levou a peor parte, con 92 falecidos dos 95 confirmados até este momento.
A Pinga Fría que azoutou o Levante español esta semana é, segundo os rexistros, a peor no que vai de século. Un evento meteorolóxico extremo que deixou, á luz das cifras oficiais neste momento, 95 falecidos polo temporal. Bebés, nenos, anciáns...case un centenar de vidas arrebatadas pola DANA pola que o Goberno de España decretou tres días de loito.
A Comunidade Valenciana foi a peor parada, coa perda de 92 vidas. Castela-A Mancha, con dous falecidos, e Málaga, cunha vítima mortal, tamén sufriron perdas. O número de desaparecidos pode incrementar esta triste cifra nas próximas horas.
Escribe o teu comentario