Foro A Toja: o premiado Borrell pide calma a Israel e Rajoy crea polémica sobre os tapóns de plástico (vídeos)
O Foro A Toja, un importante evento anual que reúne a líderes políticos e empresariais para debater sobre temas de actualidade, está a celebrar a súa edición de 2024 na Illa da Toxa, Galicia. Como noutras ocasións, o encontro estivo marcado pola alta expectación dado o calibre dos relatores e pola polémica, dada á tozudez dos promotores, a cadea Grupo Hotusa, en deturpar o topónimo galego, pese a as protestas de colectivos como A Mesa.

Josep Borrell, Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, foi galardoado co Premio Foro A Toja-Josep Piqué. Este recoñecemento destaca a súa contribución á política europea e as relacións internacionais.
O socialista catalán ha advertido do perigo da crise en Oriente Próximo afecte a Europa. Borrel pediu que non se ataquen instalacións nucleares. "É absolutamente necesario evitar a guerra total", afirmou.
Sobre Venezuela, insistiu que "Maduro non gañou as eleccións". O mandatario valorou positivamente a presentación das actas electorais de Venezuela por parte do Centro Carter, observadora electoral americana, nas que se reflicten "os resultados que sempre se sinalaron: que Nicolás Maduro non gañou as eleccións".
Sobre México, esquivou a polémica coa nova presidenta. Ja explicado que a carta enviada por México en 2019 na que se esixían desculpas a España polas violencias durante a colonización, non se contestou para "evitar polémicas inútiles e unha escalada da confrontación dialéctica cun país irmán".
O Rei Felipe VI presidiu a inauguración oficial este xoves do Foro. Destacou o rol da UE para achegar estabilidade nun mundo cada vez máis perigoso. Debe achegar respostas", asegurou.
A anécdota e a polémica do día protagonizouna Mariano Rajoy, co seu diatriba sobre os tapóns das botellas de plástico.
Debate sobre competitividade e gobernanza
Un panel de alto nivel contou coa participación de tres ex primeiros ministros, Mariano Rajoy, ex presidente do goberno de España; Felipe González, tamén ex presidente do goberno español e António Costa, ex primeiro ministro de Portugal. Estes líderes debateron sobre temas cruciais como a competitividade económica e os desafíos da gobernanza no contexto actual.
Con esta nova edición, o Foro A Toja continúa sendo unha plataforma importante para o diálogo sobre temas de actualidade, valores democráticos e desafíos globais
Escribe o teu comentario