Dez anos de reinado de Felipe VI: das tensións co rei emérito á cadete Leonor
En 2014 Felipe de Borbón tomou posesión como Rei de España despois de que Juan Carlos I anunciase de forma sorpresiva que abdicaba o título sobre o seu fillo. A monarquía de Felipe VI estivo marcada pola inestabilidade política en en conxunto estatal, onde tivo un papel destacado nalgunhas ocasións, pero tamén polas "crises internas" na propia Casa Real.
"Atoparán en min a un xefe do Estado leal e disposto a escoitar, a comprender, a advertir e a aconsellar e tamén a defender sempre os intereses xerais", aseguraba no seu primeiro discurso.
A saída do seu pai a Emiratos Árabes Unidos ou os escándalos das contas da familia real son algúns dos episodios cos que tivo que lidar Felipe VI, que tamén viu como a princesa, Leonor, xuraba a Constitución ao cumprir a maioría de idade.
Escribe o teu comentario