Controlado o incendio no concello ourensán de Cualedro con 90 hectáreas queimadas
Entre os efectivos figuran tamén os bombeiros de Países Baixos que realizan unha estancia formativa en Galicia enmarcada no mecanismo europeo de Protección Civil
A Consellería do Medio Rural deu por controlado na noite do xoves o incendio forestal do concello ourensán de Cualedro, que tamén afecto a Portugal, con ao redor de 90 hectáreas queimadas.
Segundo informa a Xunta, o lume quedou controlado ás 20.54 horas do xoves despois de iniciar ás 16.38 do mércores. Para a súa extinción, até ese momento mobilizáronse tres técnicos, 17 axentes, 27 brigadas, 15 motobombas, tres pas, dúas unidades técnicas de apoio, sete helicópteros e catro avións.
Entre os efectivos figuran tamén os bombeiros de Países Baixos que realizan unha estancia formativa en Galicia enmarcada no mecanismo europeo de Protección Civil.
Escribe o teu comentario